A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o grupo IMÁN queremos convidarvos a que vos acheguedes pola mesa informativa que o xoves 13 de xuño ás portas de CEDRO (rúa Pintor Colmeiro 9).
O acto se desenvolverá entre as 10:30 e as 12:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias de Coia e da cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.
A finais do mes de xuño temos pensado facer a entrega das follas, estamos preto das 100, nun acto que agardamos sexa maioritario e co que esixiremos que concello e Xunta comecen a tomar medidas ante a situación de emerxencia social na que vivimos a maioría da poboación, o IGE acaba de publicar que o 28% dos fogares en Galiza subsisten grazas só a prestacións, a través de medidas como: implantación dunha Renda Básica, parar os desafiuzamentos e pór a disposiición da xente as 20000 vivendas baleiras que hai na cidade…
Esiximos os nosos dereitos e o reparto da riqueza, RENDA BÁSICA XA!