Crónica da asemblea parroquial 2013

Este sábado que pasou en horario de maña e de tarde, con xantar comunitario polo medio, celebramos a asemblea parroquial 2013.

Coma vimos facendo os últimos anos repasamos por bloques o curso 2012/13 en relación aos acordos da asemblea do ano pasado e fixamos novos horizontes de traballo para o vindeiro curso.

En breve achegaremos a memoria 2012/13 e os acordos desta asemblea.