Venres 24: Eu leo en galego…

O Programa de autoaxuda Imán-Cedro da Unidade Asistencial de drogodependencias do Concello de Vigo, desexamos facer público que o vindeiro venres, día 24 de maio, de 11h a 12.30h na cascada da fonte da Praza da Independencia, levaremos a cabo, no contexto do Día das Letras Galegas e na data do XVII aniversario do pasamento do escritor Lois Pereiro, lectura en galego “Atril Libre”…, invitando a todas as persoas que desexen ler ou escoitar algún texto na nosa lingua que se acheguen á Praza da Independencia.

Programa:

11h:  Apertura. Lectura dun poema do escritor Francisco Castro dedicado a este acto de rúa.

Música : gaiteiro: Antón Sánchez; músico-cantor: Tino Baz

Atril libre

12h:  O bailarín e coreógrafo vigués Juan Moredo, interpretará na cascada da fonte a danza “A morte do cisne”, dedicada a Roberto Vidal Bolaño e Lois Pereiro.

Atril libre

12.30h: intervención do escritor Manuel Veiga

Atril libre. Despedida. Himno galego

Participarán alumnos do I.E.S do Castro.

Un comentario

  1. I have to get across my affection for your kindness supporting men who should have help on this one concern. Your special commitment to passing the solution up and down came to be wonderfully important and has in every case allowed folks just like me to realize their dreams. Your personal warm and friendly guideline implies a whole lot to me and somewhat more to my fellow workers. Thank you; from each one of us.

Los comentarios están cerrados.