Acto pola creación dun parque de vivendas sociais na cidade

O Programa Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia convocamos para o vindeiro xoves 23 de maio ás 20h00 nas escalinatas do Museo Marco de Vigo, unha concentración en demanda de:

POLA CREACIÓN DUN PARQUE DE VIVENDAS SOCIAIS NA CIDADE DE VIGO EN RÉXIMEN DE ALUGUER PARA PERSOAS SEN FOGAR, EMPOBRECIDAS OU EN PERIGO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, CON CRITERIOS DE DISCRIMINACIÓN POSITIVA A FAVOR DE COLECTIVOS ESPECIALMENTE EMPOBRECIDOS E ENFERMOS.

No entorno das patoloxías adictivas convertiuse nun problema crónico, para un importante número de persoas, o feito de non poder cubrir as suas necesidades básicas e, de maneira especial, o acceder a viviendas en réximen de aluger adaptadas a uns custos proporcionais coas RISGAS, PNCs, RAI ou mesmo, ingresos cero.

Consideramos que na cidade de Vigo debería ofertarse alomenos 200 vivendas en réximen de aluger para urxencias sociais promocionadas polo Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vigo.

Para evitar a formación de guetos e as estigmatizacións, estas vivendas deberían repartirse por distintos puntos da cidade.