As comunidades xuvenís celebran a asemblea xuvenil en Vilán

Este domingo de ramos as comunidades xuvenís da nosa parroquia foron a Vilán para celebrar a súa asemblea. As catro comunidades máis novas estaban alí representadas por varios dos seus membros e este ano o tema sobre o que reflexionaron foi sobre si mesmas. Dende hai tempo o esquema co que estabamos a funcionar e que nutria de novas persoas á comunidade leva anos sen ser así, é dicir, non todos anos se confirman grupos, cada vez hai máis dificultades para facelos, os números xa non son tan amplos coma antes…

Por todo isto e pensando tamén no futuro máis próximo das que hoxe son comunidades xuvenís e tamén dos novos grupos que agardan pola confirmación crimos necesario pararnos e pensar colectivamente. O intercambio de opinións e o resultado das mesmas foi moi rico, coincidindo na necesidade de buscar nocas estratexias e formas de facer que se adapten á realidade que temos.

Boa Pascua!