Validada a nova estrutura cooperativa de Fiare

Durante xaneiro e febreiro estivemos realizando en toda a área Fiare as asembleas das 19 circunscricións (Galiza Norte, Galiza Sur, Bilbao Centro, Bilbao Casco Viejo, Guipuzkoa, Áraba, Navarra, Madrid, Canarias, Murcia, Castilla-León, Andalucía Oriental, Andalucía Occidental, Extremadura, Barcelona, Catalunya Central, El Vallés, Baleares e Valencia) nas que dividimos a nosa base social nesta fase inicial de articulación da nosa estrutura cooperativa. Nas devanditas asembleas, demos un paso máis para ir facendo noso, con todas as súas consecuencias, o sistema de participación e corresponsabilidade sobre o que se asenta a nosa maneira de entender o papel de persoas socias en Fiare.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bAs asembleas territoriais foron espazos de moita participación onde contrastamos a estrutura cooperativa e a nosa particularidade para a área Fiare e foi referendada en todos os territorios. No mesmo momento creábase a circunscrición, a nova unidade territorial e escollíanse aos representantes dos GITs (os grupos de iniciativa territorial que aos poucos van ir substituíndo o traballo das asociacións territoriais).

Os 19 grupos locais que acabamos de elixir afrontan unha importantísima tarefa desde esta perspectiva. Organizados en tres Zonas (Norte, Mediterráneo e Centro-Sur), son o primeiro rostro de Fiare nas súas contornas respectivas, son dinamizadores da participación de persoas socias nas súas circunscricións e son canalizadores da actividade operativa no territorio. Xunto co persoal contratado, o Comité de Ética e as comisións de avaliación. Son, desde agora, centenares de persoas traballando con ilusión en toda a área Fiare. Grazas a todos eles!

Fonte: http://fiaregz.wordpress.com/2013/03/14/validada-a-nova-estrutura-cooperativa/