Tras un pequeno parón o grupo de educadoras e educadores na fe da nosa comunidade retomou as sesións de formación. Para esta ocasión gozamos coa axuda de Eba e Natxo, chegados dende Vitoria da comunidade dos Escolapios, que nos axudaron na reflexión e compartiron a súa experiencia de anos evanxelizando a través da educación.
Comezamos a mañá cunhas oracións que deron paso ao visionado do vídeo: El Circo de las Mariposas (neste enlace: ww.youtube.com/watch?v=od2lg1ZC20s) que nos axudou para poñérnos en cuestión partindo da figura de Xesús.
Logo pensamos e anotamos os lugares, persoas, arte… nos que atopámonos con Deus. Primeiro de xeito individual e logo por grupos, afondamos nos xeitos nos que nos achegamos a Deus nas nosas vidas e tamén as dificultades que atopamos.
Tras unha pausa para o café. Retomamos o traballo, escoitando a Natxo e Eba que nos falaron da súa experiencia comunitaria en Vitoria, cos Escolapios e rematamos centrando a nosa tarefa na Comunidade.
Foi unha boa xornada na que tivemos a sorte de coñecer outros modos de achegarse -dende a comunidade- a Xesús que nos animan a seguir na nosa tarefa.