Pequena crónica da Festa do Lume 2013

Unhas sesenta e cinco persoas participamos o pasado sábado 2 de febreiro na tradicional FESTA DA LUME que organiza a Asociación Irimia. O encontro comezou pasadas as dez da mañá no Mosteiro de Bergondo (A Coruña), unha das parroquias que atende o irimego Rubén.

A primeira parte da reunión dedicámola a revisar as distintas actividades da Asociación Irimia (Romaxe, Revista, Economia, Renovación de cargos na Xunta Directiva…).

A segunda foi unha charla: «Buscando saída á crise. O debate sobre as alternativas”. Foi impartida por Josep Manel Busqueta, membro do Seminari d´Economia Critica TAIFA de Barcelona e compañeiro de traballo de Miren Etxezarreta que estará na nosa parroquia nas charlas de coresma. Foi unha charla moi interesante pois nos deu interesantes pautas para actuar dende os distintos grupos humanos nos que nos movemos.

Despois dunha comida compartida, como se adoita facer sempre, na que polbo, empanadas e sobremesas percorreron toda a sala, demos paso a Tareixa Ledo que presentou ou libro escrito por ela, xunto con outras mulleres, titulado » Ás mulleres falamos de teoloxia». A parte final do encontro foi unha celebración, preparada pola nosa comunidade, na que tivemos o gusto de celebrar as pequenas luces e lumes que iluminan este difícil momento; como xa fixeramos uns días antes na eucaristía de familia. A iso das 6 da tarde despedímonos contentos de ter participado ata un novo encontro.

Manuel Adame e Manuel Sordo