Fermoso día da paz 2013

Este sábado celebramos o día da paz e da non violencia nunha xornada chea de actividades.

Pola mañá tivemos un pouco de todo para os nenos e nenas. Comezamos vendo o vídeo que fixeron os rapaces de postcomuñón no que nos animaban a espertar e comezar a construír un mundo novo. A cousa seguiu con contacontos e obradoiros. Os máis pequenos fixeron as súas pombas e máscaras cos deseños máis orixinais. Mentres, os rapaces mais maiores aprendían a facer da man de Óscar grullas de papel e así axudar a Sadako a acadar as 1000 e logralo seu desexo. Rematamos facendo un photocol onde os nenos e nenas posaron coma estrelas coas súas máscaras e portando mensaxes de paz.

Pola tarde houbo teatro da man da compañía Dinamo. Que co seu programa de “radio austeridade” fíxonos rir durante unha hora. Os dous actores falaron de temas coma a economía, a política, os medios de comunicación, o consumo responsable.. todo en clave de humor e cunha crítica impresionante.

E para rematar o día, como non, un chocolate quente con filloas e outros doces.