Este ano a nosa comunidade lanza a campaña de nadal 2012 propoñendo dous proxectos: un internacional e outro local aos que destinar cartos
Os proxectos son os seguintes:
– Como non queremos esquecermos de Haití propoñemos que os cartos vaian para un proxecto de equipamento dun taller de formación para mozos e mozas na poboación de Biston (Haití) en colaboración coa ONG Acción Verapaz
– Participación no fondo social de A.I.S O Peto para a concesión de microcréditos a iniciativas de interese social.
Os donativos podense facer en metálico na parroquia ata o 21 de xaneiro ou na conta de Novagalicia Banco nº 45175