Apoiamos a loita contra o VIH con Imán

Dende hai tempo este tipo de actos vén sendo unha desas datas marcadas con vermello nos nosos calendarios. Coa xente do grupo IMÁN quixemos celebrar hoxe o Día Mundial da SIDA, en realidade mañá é a a data de celebración oficial.

Dende primeira hora da mañá a xente de IMÁN ofreceu ao redor de mil bolsas co obxectivo de sensibilizar dos perigos desta enfermidade que segue afectando de xeito graves a moitas persoas do noso entorno, pero especialmente sangrante nos país máis empobrecidos.

No medio dese reparto aproveitamos a media mañá facer o acto oficial coa participación de diferentes membros do pleno do concello de Vigo e no que a maiores da lectura do manifesto ofreceuse a palabrar ás persoas que alí estabamos.

Un día sinxelo pero que nos serve para pensar na dor de moitas persoas e pobos.

Un comentario

  1. With havin so much content do you ever run into any problems of plagorism or copyright violation? My site has a lot of exclusive content I’ve either created myself or outsourced but it appears a lot of it is popping it up all over the internet without my permission. Do you know any solutions to help protect against content from being ripped off? I’d really appreciate it.

Los comentarios están cerrados.