Actos na véspera do Día Mundial da SIDA

O grupo IMÁN convídanos a participar nas actividades programadas para celebrar o Día Mundial da SIDA.

Adiántanse un día e convocan todas as actividades para o venres 30 de novembro. Dende as 8h00 e ata as 15h00 estarán na lonxa do concello sensibilizando á poboación que alí se achegue.

A partires das 12h00 realizarán o acto central na mesma lonxa do concello.