Charlas de Advento con Fernando Vidal: «A reconciliación coa pobreza»

Chega o primeiro momento de reflexión da nosa comunidade coas charlas de Advento. Este ano axudaranos na reflexión Fernando Vidal para tratar o asunto de «A promesa do Magnificat. A reconciliación coa pobreza».

A primeira xornada será o venres 30 de novembro ás 21h00 e a segunda o sábado 1 de decembro dende as 17h00 no salón de actos da nosa parroquia.

Fernando Vidal Fernández (Vigo, 1967) é profesor titular do Departamento de Socioloxía e Traballo Social da Universidade Pontificia Comillas de Madrid e Presidente da Fundación RAIS.