Exitosa primeira celebración de familia do curso

O pasado domingo tivo lugar a primeira celebración de familia deste curso. Foi unha celebración entrañable, con moita asistencia, e na que os nenos e nenas de poscomuñón convidáronnos a reflexionar sobre as pegadas que deixamos no mundo. Seguindo o fío de Impórtanos!: campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade”, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Cultura, Festas e Políticas de Benestar.

Na celebración puidemos ver a parábola do sementador cun vídeo que achegamos hoxe á nosa web.

Pois agardamos que celebracións coma esta animennos a participar máis nas misas dominicais!