Outro ano máis o magosto no barrio

Nesta edición a choiva quería restar o protagonismo ás castañas. E logrouno nas primeiras horas da mañá, cando a organización viuse obrigada a trasladar o despregamento loxístico aos baixos da Parroquia de Cristo da Vitoria, en lugar do centro neurálxico de todos os nosos movementos, o Parque de A Bouza.

Pasado o mediodía, o ceo foise despexando e o aroma a castañas asadas comezou a circular polo aire. Ás 17:00 horas o grupo de gaitas e baile CC Helios, de Bembibre, daba o pistoletazo de saída, mentres a veciñanza comezaba a degustar as primeiras castañas acompañadas de bo viño novo.

A continuación, o grupo local de “Pandereteiras Rueiro”, collería a testemuña para entrar xa na noite cun gran repertorio.

Como anecdótico contar, que o broche final musical, acabaría por outro grupo folclórico, que procedía doutro Magosto que se estaba a celebrar a 50 metros do noso. Posiblemente atoparon o verdadeiro espírito desta festa e unha gran calor humana.

Aproveitamos para agradecer, coma sempre, a todas as persoas que desiteresadamente están detrás achegando o seu grao de area, xa que sin elas isto non sería posible.

O Magosto 2013, está preto, e dende aquí quedades todos convidados!