Aberto o prazo de inscrición para a catequese 2012/13

O pasado sábado 15, o grupo de educadores na fe mantiveron unha asemblea co fin de organizar o curso 2012/13 da catequese ademais de tratar varios temas.

Tras esta reunión dende o luns 17 de setembro queda aberto o prazo de inscrición que rematará o 28 do mesmo mes. As inscricións poden facerse no despacho parroquial dende as 20h00 ata as21h30.

Cómpre levar 2 € para material e unha foto recente para as novas inscricións.

Os horarios das distintas etapas son:

– Iniciación (2º primaria): xoves de 19h00 a 20h00

– Comuñón (3º primaria): martes de 19h00 a 20h00

– Postcomuñón (4º-5º-6º primaria-1ºESO): domingos de 11h00 a 12h15

– Postcomuñón (2º-3º-4º ESO e bacharelato): domingos de 11h00 a 12h15

As actividades comezan a primeira semana de outubro