As nosas comunidades xuvenís gozan de boa saúde. Este pode ser un bo titular para o acontecido en Vilán a pasada fin de semana. Aproveitando o verán, as comunidades de xente máis nova xuntáronse en Vilán para disfrutar do verán e para seguir tecendo relacións e alimentando a fe nestes momentos de crises.
Unhas trinta persoas convivimos, co que iso supón: momentos de coñecemento persoal, de reflexións, de risas, de artellar respostas aos problemas socioeconómicos, etc. Tamén aproveitamos para pasear, para xogar e o sábado pola tarde para reflexionar en común sobre o consumo responsable cuns vídeos que animaron a posterior reflexión.
En definitiva un bo momento para cargar as pilas e para coller con máis forzas o novo curso que xa comeza.
Sois fenomenales. Muchas/os chicas/os como vosotras el mundo seria distinto,»mais fermoso».Marimar