O parque de A Bouza foi de novo o marco natural no que se desenvolveu a nosa tradicional Romaría. A diferenza das últimas edicións, a deste ano desenvolveuse en dous días.
Venres 22
Este ano abrimos a festa de A Bouza o venres cun programa de radio no propio parque, coa idea de afondar na necesidade de artellar respostas colectivas e dende abaixo ao capitalismo. E para isto nada mellor que mirar para o pasado, cos anos de loitas da veciñanza de Coia que remataron facendo da Bouza o pulmón verde do barrio. Dende as 20h00 e conducidos por José Luis fomos achegándonos a distintos lugares de resistencia ou alternativa aos problemas cotiás. Así comezamos escoitando a Luis que fixo un pouco de historia dos anos de reivindicación da xente de Coia pola mellora das condicións do barrio. Con el escoitamos a un representante da asemblea pola defensa do barrio do Cura, como exemplo de loita actual en contra dos intereses especuladores que non se preocupan polos cidadáns.
Tivemos tamén rap, grazas as letras comprometidas de Distrito Criminal que fixeron catro temas para nós.
Logo Casiano falounos en primeira persoa da crise e de como afecta a familias como a súa. Para a continuación escoitar a Diego e a Manolo, que dende a ODS-Coia e dende Baladre andan na procura de denunciar ao capitalismo e a miseria que deixa ao seu arredor.
Na última parte tivemos unha tertulia con representantes do movemento veciñal, do mundo sindical, da Rede Social Galicia Sur e de ECOAR. Que tiveron unha pequena confrontación de visións sobre novas e vellas formas de organización e a súa utilidade nestes momentos.
Para pechar o programa e na parte de alternativas contamos con Jaime do programa Enrédate que se emite en Radio Ecca, como exemplo de comunicación comprometida e alternativa aos grandes medios. Con Diego que presentou o traballo que está a desenvolver Fiare GZ, dentro da banca ética. E con Rodrigo que nos falou do consumo responsable.
Foron dúas horas de programa moi agradables que rematamos cenado en común.
Sábado 23
O día amenceu baixo un sol radiante. Os frondosos carballos da Bouza brindábannos as súas ramas para darnos a súa sombra.
O programa comezaba co campionato de fútbol para os nenos. Ao contrario do ano pasado, os máis futboleiros deberon ter outros torneos de verán e este houbo que suspendelo. Pero non hai que preocuparse. Había alternativas dabondo para os máis pequenos, desde xogos populares ata un Roteiro pola Bouza, onde acompañados por expertos do barrio, foron descubrindo as belezas, os recunchos e a fauna que día a día existe no parque e que tantas veces pásanos desapercibidas a todo o mundo.
Antes da comida campreste o grupo de pandereteiras, a ritmo da «pandereita» amenizaron o mediodía, demostrando toda a arte que levan consigo.
Por primeira vez reservouse un espazo para o pobo Haitiano, abatido polo terremoto, ao cal quixemos recordar cunha exposición fotográfica.
Tras as alargada comida comunitaria, os desfiles de sobremesas, os licores, chegou a primeira convocatoria para o evento máis exitoso da tarde, o concurso da «chave».
Ano tras ano ven bo dominio da técnica de lanzamento, aínda que todos acaban recoñecendo que só xogan de ano en ano, ou sexa, na nosa Bouza.
No medio da competición, o Grupo Folclórico Rueiro co seu despregamento de gaitas, tambores e bailes marcan a seguinte pauta, para dar paso á gran final, cuxos gañadores levaron o bocadillo de chourizo.
A Romaría estaba a piques de finalizar e máis sabendo que preto das 21:00 horas, outro gran evento deportivo estaba a piques de comezar. A Vermella medíase con Francia en cuartos da Eurocopa . Para gloria dos nosos, esta viaxe tocounos gañalos por un 2 a 0.
E ao partido hai que sumarlle outras citas de obrigado cumprimento,como a das fogueiras da Noite de San Xoán.
E á hora de facer balance este foi positivo como todos os anos. Compaxinar encontros nun medio natural, con cultura, tradicións, xogos e convivencia cos nosos é algo que sempre cala moi fondo.
Grazas a todos vós que colaborades para que todo isto siga vivo e que teñamos a Romaría de A Bouza durante moitos anos máis.
Ata o 2013!
Podedes ver algunhas imaxes da Bouza neste enlace: www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157630283387572
The next time I read a blog, I hope that it doesnt disappoint me as much as this one. I mean, I know it was my choice to read, but I actually thought youd have something interesting to say. All I hear is a bunch of whining about something that you could fix if you werent too busy looking for attention.