Acto de IMÁN en lembranza do compañeira falecido na rúa

O Grupo de autoaxuda Imán-Cedro desexa facer público que este martes 26 de xuño ás19h00 convoca un acto para honrar a memoria do noso compañeiro Víctor Manuel, músico de rúa de 39 anos natural de Oviedo, que faleceu a noite do luns 18 nun banco da Alameda – Praza de Compostela.

Na súa lembranza, depositaremos velas e flores, cantaremos a nosa canción «Nas choupanas de Vigo» e gardaremos un minuto de silencio. Ademais o noso compañeiro Marcos Castro interpretará algunha das cancións que Víctor Manuel tarareaba nas rúas tentando recadar algúns cartos para sobrevivir.

Antes, ás 18:30, concentraremonos na Praza da Princesa para amosar públicamente o noso apoio á veciñanza que convive a diario nese espazo e tamén ao Programa Sereos do Casco Vello, conocido popularmente como «El bocateo».

Un comentario

  1. It’s the best time to make a few plans for the future and it is time to be happy. I’ve read this put up and if I may just I want to counsel you some fascinating issues or tips. Maybe you can write subsequent articles regarding this article. I desire to learn more issues approximately it!

Los comentarios están cerrados.