Dende o Programa Grupo de autoaxuda VIH-SIDA e adiccións da UAD do Concello de Vigo convidámosvos a participar connosco no acto de rúa que terá lugar o vindeiro xoves 24 de maio de 11:30 a 12:00 horas na Praza da Independencia.
Coincidindo coa recente celebración do Día das Letras Galegas, no que se homenaxeou a Valentín Paz Andrade, e o 16 aniversario do pasamento do poeta Lois Pereiro, leremos poemas destes dous autores e lembraremos que nos dereitos conqueridos en torno ao VIH/SIDA, ás patoloxías aditivas e a pobreza non estamOs dispostos a dar NIN UN PASO ATRÁS.
Pecharemos o acto cunha intervención musical do cantor músico tradicional, Tino Baz.
Thank you for sharing with us, I think this website truly stands out : D.