Da gusto escoitar a "Fuera de lugar"

O pasado 12 de maio o grupo «Fuera de lugar» abría os concertos incluídos dentro da programación das actividades Coia Móvese.

Aínda que xa fixeran varias actuacións, este concerto supuxo a súa estrea ante o gran público co novo nome da formación.

O grupo está composto por varios rapaces e rapazas moi vinculados coa nosa comunidade: algúns asisten á catequese, outros son fillos e fillas de persoas de comunidades e outros simplemente acoden ás clases de música que imparte Juan os sábados pola mañá.

Queriamos facer mención na web desta nova andaina musical da que agardamos que disfruten coa música, xa que este é o camiño máis sinxelo para facernos gozar a nós das súas cancións.

Podedes ver os vídeos das cancións que interpretaron en Coia móvese neste enlace: www.youtube.com/channel/UC2ZlsVXmpSK7y6Rw4E9Rnbw?feature=watch