Falece Xaime Isla Couto

Dende a nosa comunidade mandar unha aperta a súa familia e amigos e lembrar que foi unha persoa de profundas conviccións espirituais e relixiosas.

Que formou parte dos equipos de galeguización da liturxia, comprometido coas accións do recoñecemento do idioma galego no Concilio Vaticano II, e coa creación da editorial Sept (1966), especializada en publicacións de carácter social e relixioso, e promotora entre outros grandes proxectos da edición da Biblia e do Novo Testamento en lingua galega.

Deixamos a nova publicada no Faro de Vigo: farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/04/26/fallece-xaime-isla-couto-ultimos-representantes-galleguismo-siglo-xx/643709.html