Festa do Lume 2012

A asociación Irimia convocanos a asistir á Festa do Lume que van celebrar no centro xuvenil Don Bosco, dos Salesiano en Santiago de Compostela (Belvís 2) o sábado 4 de febreiro próximo.

A festa comezará coa celebración da Asemblea anual ordinaria, citada en primeira convocatoria para as 9h30 e en segunda para as 10h00 e terá a seguinte orde do día:

1- Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior

2- Estado de contas e proposta para o 2012

3- Informe das distintas actividades (romaxe, revista, sábados bíblicos, web…)

4- Renovación da xunta directiva

5- Rogos e preguntas

12h00 –  Descanso

12h30 – «Volver a Jesús de Nazaret»: coloquio arredor da memoria viva de Xulio Lois. Contaremos coas achegas especiais de Evaristo Villar e da HOAC de Vigo

14h30 – Xantar compartido

16h30 – Celebración da Candeloria

18h00 – Remate