Vídeo: «Crise e Paraísos Fiscais»

Achegamos un vídeo que se enmarca nunha campaña en contra dos paraísos fiscais, así on explican:

«Somos una coalición de organizaciones de todo el mundo que nos unimos con un único objetivo: poner fin a los paraísos fiscales para ayudar a los más vulnerables.»

Nestes momentos de crise e convulsión económica cómpre levar o foco da nosa atención a estes espazos nos que os cartos volvense negros e perdemos a súa pista, causando por exemplo graves prexuízos naqueles estados nos que os seus cidadáns tributan os seus ingresos.

No vídeo explican moi ben o funcionamento destes paraísos e o seu importante papel na economía mundial.