1 outubro – Xornada formativa de FIARE Galiza

Dende Fiare organízase unha xornada para traballar sobre aspectos que se acordaran na asemblea de socios. Deixamos a convocatoria desta xornada dirixida aos socios deste proxecto para que vos animedes a participar:

Dende a Xunta Directiva da Asociación Fiare Galiza, queremos convidarte a participar nunha xornada formativa sobre o proxecto FIARE. De xeito xeral, trátase de coñecer a situación actual do proxecto e as perspectivas de futuro, para o que contaremos con unha persoa de FIARE estatal. A continuación, mediante o traballo en grupos, abordaremos tres tarefas que nos compre desenvolver dentro da asociación: a formación, a difusión e a participación no proxecto.

O día que escollemos é o sábado 1 de outubro, e o lugar será a Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño en Santiago de Compostela. A xornada será de mañá e tarde. Podemos ir xantar a un restaurante próximo (O Paz Nogueira) que ten un menú de 12 euros. A idea inicial era que cada quen trouxese algo e facer un xantar compartido, pero por problemas de horario do lugar onde imos facer a xornada, non pode ser.