O grupo de educadores na fe prepara o curso 2011/12

Onte o grupo de educadores na fe reuníronse en asemblea para preparar todo o relacionado co curso 2011/12. Comezamos ás 10h00 cunha oración e canto. Logo organizamos as distintas etapas: iniciación, comuñón, poscomuñón e adolescentes.

A primeira semana de outubro comezarán as actividades e lembramos que xa está aberto o prazo de inscrición, para o cal so necesitades 2 euros (para material) e unha foto no caso das novas inscricións.