18S: Marcha cidadá pola defensa da educación e a sanidade pública

Baixo o lema «Defendamos o que é noso» as xentes de Democracia Real Xa convocan o domingo 18 de setembro unha marcha cidadá pola defensa da educación e a sanidade pública. Sairá ás 18h00 do mercado do Calvario e percorrerá o paseo peatonal do Calvario-Choróns-Pizarro-Praza de España.

Este marcha responde ás medidas que están a tomar as distintas administracións que pasan por recortar o gasto público en sanidade, educación, servizos sociais… Vémonos o domingo!