Encontro celebrativo co grupo O IMAN

O vindeiro xoves 9 de xuño, ás 11 da mañá temos programado un encontro celebrativo da comunidade co grupo O IMÁN.

Neste últimos meses finaron varias persoas do grupo. Na súa lembranza teremos unha eucaristía.Despois xuntos faremos o símbolo de prantar unha árbore nos xardín da parroquia que faga visible a relación de agarimo e solidariedade que nos une.

Un comentario

  1. Que Deus Pai e Nai lles de agarimo, e calor que lle poidera faltar aquí.Alba de Gloria para eles, e que aTerra lle sexa leve.

Los comentarios están cerrados.