Mércores 11 – Asemblea de barrio polo centro cultural

O Movemento Cidadán O Noso Barrio lanza unha pregunta: Quen di a verdade sobre o Centro cCltural? Para respondela o mércores 11 de maio ás 20h00 convocan unha asemblea de barrio en torno á construción do Centro Cultural da Bouza.

A ela están convidados, ademais de todos os veciños do barrio, Chema Figueroa (Vicepresidente da Deputación) que explicará a postura do PP e José Mariño (Concelleiro de urbanismo) que defenderá a postura do PSOE.

Agardemos que saiamos cunha resposta clara e cunha data de comezo das obras, pois iso non dubidedes en achegarvos ao salón de actos do complexo parroquial para escoitar as palabras dos políticos.

2 comentarios

    1. Por desgraza Coia coñece de boa man as promesas que non se cumpren, que chegaron dende diferentes cores.
      Seguiremos dando oportunidades para que queden eles mesmos espidos.

Los comentarios están cerrados.