20 de abril: xuntanza do Imán nas portas do concello para reclamar o albergue

O grupo de autoaxuda Imán/Cedro informa que o vindeiro mércores, 20 de abril ás 11h00, van celebrar a súa xuntanza semanal na Praza do Rei.

A idea é facer a reunión aberta para reclamar que “As persoas sen fogar non podemos esperar”. Neste contexto faremos o “estreo mundial” do Rock titulado “As persoas sen teito”.

Facemos esta actividade porque parécenos inaceptable o ritmo que leva o concello no desenvolvemento do proxecto de Centro de emerxencia social e as reformas na antiga Escola de Hostalería.