A nosa Comunidade do Cristo da Victoria celebrou os pasados días 7 e 8 de abril as tradicionais CHARLAS de COREMSA. Este ano escollemos o tema de CRITERIOS PASTORAIS NO TRABALLO CON XOVES. O poñente foi Pedro José Gómez Serrano, leigo, economista e experto en temas de Pastoral de Xuventude.
O tema desenvolveuse en dúas sesións. Na primeira Pedro José abordou o diagnóstico da xuventude actual. Fixo un paralelo entre o cambio climático e o cambio cultural que afectaba á nosa sociedade e tamén a xuventude. E do mesmo xeito que temos que abordar novas pautas ante o primeiro tamén temos que facelo ante o segundo. Xa non valen as receitas de sempre e temos que ser creativos como os cristiáns da primeira xeración se queremos inculturar o evanxeo na cultura xuvenil. San Paulo no seu tempo foi un pioneiro da incluturación. Limos un texto do poñente titulado PRIMEIRA CARTA DE PABLO AOS CRISTIANS DO SECULO XXI.
Na segunda sesión Pedro José abordou o tema de como levar a cabo a evanxelización dos xoves neste momento da historia. O evanxeo ten que ser sempre boa nova para os xoves. Pero os xoves teñen que estar na onda de captar esa boa nova de Xesús. A cultura consumista que nos rodea no é un clima propicio para isto. Sería importante propiciar nos xoves experiencias de preevanxelización como son: non evadirse da realidade de inxustiza e morte que nos envolve, favorecer o silencio e a interioridade, e provocar momentos de encontro profundo e persoal cos demais e na comunidade. A partir de aí ser “organizadores de citas con Xesús”, comunicar experiencias de Xesús que sirvan para que eles atopen tamén experiencias de Xesús. Os momento de crise persoal tamén podían ser bos momentos para convocar á cita con Xesús e o evanxeo.
Recomendounos para seguir traballando o seu libro: ”Jóvenes e Iglesia, caminos para el reencuentro”, publicado en Edicións PPC e o seu artigo titulado “ Claves para una pastoral de juventud actualizada” que nos fará chegar proximamente.
Asistí a la primera charla y me pareció muy interesante.
Pois animámoste a que acudas a máis celebracións. Xa sabes onde estamos!