Vaise achegando a data da Asemblea da Coordinadora de Crentes. Como xa sabedes, este ano xuntarémonos o SÁBADO 30 DE ABRIL no Centro Sociocultural “Agustín Bueno” do CASTIÑEIRIÑO para reflexionar, xunto con outros colectivos, arredor do lema “Construíndo Redes Sociais ante a Crise”.
O esquema do día será, máis ou menos, o seguinte:
10:00 – Acollida
10:30 – Presentación de tódolos grupos, incluídos os nosos.
11:15 – Traballo por grupos (tantos grupos como invitados de movementos veñan)
12:30 – Descanso
13:00 – Plenario
14:00 – Xantar compartido
16:00 – Conclusións e avisos
17:00 – Celebración
Para que poidades ilas pensando, as cuestións para tratar nos grupos poderían ser:
1º) Cal é a análise do panorama actual?
2º) Cales consideramos que son as causas dese panorama?
3º) Que actitudes temos ante el (estado de ánimo, resistencia, loita, …)?
4º) Que grao de satisfacción temos no seo do grupo ao que pertencemos?
5º) Cal é a percepción que temos mutuamente desde o propio colectivo aos demais que están a dialogar no grupo?
Private virtual servers give your business freedom and flexibility. Do you have any experience in this field by any chance? I’m looking for an expert to help me setup my necessary files.