Charla: «Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres»

O Espazo Aberto Antimilitar organiza o sábado 11 de decembro a partires das 19h30 na Cova dos Ratos unha charla que leva por título: «Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres» a cargo de Mitra activista de RAWA. Trátase dunha boa oportunidade para escoitar as palabras dunha muller afgá sobre a terrrible situación que sofre a poboación e en especial as mulleres afgás.

Así presentan a Mitra:

«Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.

O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a «Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.

Mitra formouse naquelas escolas, onde aprendeu ás materias habituais, mentras tomaba conciencia sobre a traxedia das mulleres afgás e a necesidade de loitar contra as causas de tantas miserias. Con 16 anos, ingresou en RAWA e comenzou o activismo «para apoiar ao pobo descalzo e traballar pola construción dun Afganistán laico, democrático e libre».

En 2007 licenciuse en psicoloxía pola Universidade de Kabul e actualmente desempeña diversas responsabilidades no seo de RAWA, como impartir clases, recompilar datos sobre violacións dos Dereitos Humanos e distribuír publicacións clandestinas por todo Afganistán.»

Máis información: www.nonaogastomilitar.org