O Concello decide gastar os 345.000 € do albergue noutros asuntos

Este era o titular que daba hoxe a Voz de Galicia tras o pleno municipal de onte. Así o contan:

«O goberno municipal decidiu onte cambiar para outros usos a partida orzamentaria de 345.000 euros que en principio ía destinar este ano á creación dun albergue público para persoas sen teito. Entende que a estas alturas do ano non daría tempo a iniciar ese proxecto e que correría o risco de perderse a partida.

En lugar de construír o tamén chamado centro de urxencia social, a cifra repartirase en diferentes actuacións, como obras no Museo Verbum, mobiliario en centros sociais ou melloras no Arquivo Pacheco.»