Basta de impunidade en Ruanda

Moitos exemplos podemos atopar na historia de persoaxes noxentos que tras facer un lavado de cara seguen estando no poder. Neste caso chéganos unha campaña que leva por título: «Basta de impunidade en Ruanda».

A campaña pide apoios para evitar que «Paul Kagame, presidente de Ruanda e que está imputado por xenocidio e crimes contra a humanidade, sexa revocado de xeito inmendiato da copresidencia do Grupo Impulsor dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio ata que as causas criminais abertas, unha en España e outra en Francia, e nas que se lle imputa os crimes de xenocidio e lesa humanidade sexan debidamente xulgadas polos tribunais.»

Tedes máis información sobre a campaña nesta web: www.bastadeimpunidadenruanda.org