Convivencia de verán das comunidades xuvenís

Do 13 ao 15 de agosto as comunidades xuvenís celebraron en Vilán a convivencia de verán, datas que serviron para facer aínda mái s fortes os lazos intercomunitarios.

Foron tres días onde puidemos disfrutar do río de Fornelos, da piscina fluvial de Pontecaldelas, da casa de Vilán, etc. Tamén tivemos tempos para reflexionar sobre o papel que xogan os máis novos na comunidade e para coller folgos para o curso que comeza dentro de pouco.