O Mundial que non se amosa

Onte moitos españois saían ás rúas para celebrar o pase da selección española, por primeira, á final dun Mundial de Fútbol. As victorias da selección española desta selección apenas deixan tempo para amosar a outra cara do Mundial que se está a celebrar en Sudáfrica, e que supón a primeira vez que África acolle esta competición.

Comezaba o Mundial e con el o debate social, co dato de que cada xogador español por gañar o Mundial levaríase a cifra de 600.00 € (100 millones de pesetas), mentres que moitos dos seus compatriotas seguen nas colas do paro ou sen ningunha axuda que lles permita chegar a fin de mes.

Agora presentamos este artigo de Esther Vivas e Josep Maria Antentas que leva por título «El Mundial de las desigualdades» e que analiza o impacto deste evento nun país con moitas carencias e na que segue habendo diferenzas moi grandes entres clases. Este macroevento vendeuse como unha oportunidade para Sudáfrica, pero os datos amosan que como tantas veces as clases populares pagarán os beneficios das multinacionais e das elites locais. Podedes ler o artigo completo neste enlace: blogs.publico.es/dominiopublico/2120/el-mundial-de-las-desigualdades/