Taboleiro de Economía Alternativa da Parroquia

O Taboleiro de Economía Alternativa da Parroquia xorde como unha alternativa ao mercado de consumo, e enmárcase na idea do Decrecemento, xa que pretende pór en coñecemento e a disposición da Comunidade recursos e información, tanto das persoas como das iniciativas que se coñecen e procurar un modelo máis sostible e comunitario, promovendo un xeito alternativo de establecer as relacións económicas.

Participar nel é moi sinxelo. Xunto ao taboleiro (situado na entrada do salón de actos) hai un buzón onde podedes recoller e depositar as fichas para cubrilos vosos datos de contacto (nome e teléfono de contacto, basicamente) e onde poderedes depositala mesma. Estas follas tamén as poderedes recoller nas oficinas e no horario de atención da Oficina de Dereitos Sociais; Asocición Cultural RUEIRO; Asociación de Mulleres DORNA. Esta información será recollida polo equipo coordinador e trasladada ao taboleiro.

Asimesmo, existe unha direción de correo electrónico onde poderedes enviar a vosa oferta sen necesidade de depositala no buzón. A direción é: trocoalternativo@gmail.com

Cando a necesidade esté cuberta, é importante que nos achegues ao buzón a enquisa de satisfacción para poder dar de baixa a túa demanda/oferta.

2 comentarios

  1. The processor or CPU will be the brains of the individual computer – it does most of the calculations your video game titles need to have to have to run (with the movie card undertaking most of the graphics function). With it getting such an critical part, you would instinctually go for the fastest – and most pricey – processor you can locate, but there can be a improved alternate to blowing hard cash on one thing that will be obsolete in a year: receiving a processor that will play tomorrow’s video game titles at a low cost will be the sweet spot for any gaming computer.
    [url=http://www.ralphlauren.us.org]Ralph Lauren Outlet Online[/url]
    Ralph Lauren Outlet Online

Los comentarios están cerrados.