Este mércores 17 de marzo Carlos Taibo falará dentro do programa de conferencias do Clube Faro de Vigo sobre o tema do decrecemento nunha charla que leva por título: "En defensa do decrecemento". Será ás 20h00 no auditorio do Areal (antigo reitorado).
Segundo podemos ler no Faro de Vigo: "Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid, falará "En defensa do decrecemento". Taibo intenta rescatar eses outros fenómenos que quedaron en segundo plano pola dimensión financeira da crise mundial, como o cambio climático, o encarecemento dos prezos das materias primas enerxéticas que empregamos, a sobrepoboación e a ampliación da pegada ecolóxica. Defenderá a necesidade imperiosa de contestar ao capitalismo na súa dobre dimensión de explotación e inxustiza, por unha banda, e de agresións contra o medio natural, pola outra."