A comunidade celebra o Día da Paz

O pasado sábado a comunidade celebrou o Día da Paz cun programa de actividades para cativos e maiores. Comezou a tarde con obradoiros e xogos para os máis pequenos, un cento de nenos e nenas coñeceron un pouco mellor o que a paz a través do xogo. Non faltou tamén un fermoso conto e dous videos feitos polos rapaces de postcomuñón no que ofrecían a súa visión da paz. Podedes ver algunhas imaxes das actividades cos nenos na Galería de Imaxes.

Logo da misa o Comité Óscar Romero achegounos á realidade do pobo de Haití que tanta dor está a sufrir tras o terremoto que deixou á vista os problemas que dende hai décadas leva a sufrir a súa poboación por mor da inxustiza.

A fin de semana tivo, na celebración preparada polos rapaces das distintas etapas da catequese, un peche redondo xa que tamén xirou ao redor da Paz.

Un comentario

  1. My programmer is trying to convince me to move to .net from PHP. I have always disliked the idea because of the costs. But he’s tryiong none the less. I’ve been using Movable-type on several websites for about a year and am nervous about switching to another platform. I have heard fantastic things about blogengine.net. Is there a way I can transfer all my wordpress content into it? Any kind of help would be really appreciated!

Los comentarios están cerrados.