Acampada para reivindicar a apertura do albergue público para os sen teito

Onte a Gota de Leite volvía a acoller outro acto cidadá reclamando a apertura dun albergue público para as persoas sen teito. Partimos do edificio e chegamos á Praza do Rei, onde nas portas do concello varias persoas instalaron as súas tendas para pasar alí a noite. Despois o camiño seguiu ata chegar ao edificio da Xunta de Galicia, onde ademais de ler o comunicado do acto instalouse un segundo campamento reivindicativo.

Podedes ler as novas publicadas na Voz de Galicia, Atlantico e no Faro de Vigo.