A Xunta convenia coa orde «Misión del Silencio» 20 camas no albergue

Esta era a nova que daba a prensa de Vigo en relación ao albergue para os sen teito:

«A Xunta de Galiza xa deu unha solución á demanda dun albergue público en Vigo, mais a resposta á esta petición social non foi a agardada. Nin o edificio chamado «Gota de Leite» nin a alternativa que se barallaba da antiga Escola de Hostalaría foron as propostas escollidas para ofrecer unha atención á demanda de todos os indixentes que acolle a cidade de Vigo e que tanto o concello como os colectivos sociais estiman en trescentas persoas. A Consellaría de Benestar Social chegou a un acordo cos Misioneiros do Silencio para financiar cun convenio por valor de 200 mil euros unha ampliación de vinte camas no centro de acollida que esta entidade relixiosa xa posúe na viguesa rúa de Marqués de Valterra.«


Un comentario

  1. I loved as much as you’ll receive carried out right here. The sketch is tasteful, your authored subject matter stylish. nonetheless, you command get bought an edginess over that you wish be delivering the following. unwell unquestionably come further formerly again as exactly the same nearly a lot often inside case you shield this increase.

Los comentarios están cerrados.