Os actos contra a pobreza xiran ao redor da apertura da Gota de Leite

Este fin de semana a Gota de Leite estivo moi arropada por centos de persoas que reclamaron a súa urxente apertura como albergue para as persoas sen teito. O venres arrincaban os actos cunha concentración diante do edificio que rematou cunha toma do mesmo, así un grupiño de persoas pasaron a noite nos xardíns do edificio (+info: Faro de Vigo) facendo numersosas actividades co fin de urxir a súa apertura.

Ao día seguinte unha manifestación recorreu as rúas de Vigo reclamando que a loita contra a desigualdade e a pobreza comece a ter un lugar importante na axenda política. O recorrido rematou na Gota de Leite onde se deu lectura do manifesto e onde se berrou: Non hai dereito a vivir sen teito! (+info: Faro de Vigo, Vieiros e Voz de Galicia).