Teresa Forcades lidera unha campaña contra a vacinación da gripe A

Unha monxa beneditina española, doutora en medicina, está a liderar unha campaña contra a vacinación da gripe A mediante un vídeo colgado en Internet (http://www.vimeo.com/6790193).

Teresa Forcades, autora tamén de "Os crimes das grandes compañías farmacéuticas" e "A teoloxía feminista na historia", expresa no vídeo a súa preocupación por que os gobernos poidan declarar obrigatoria a vacina contra o virus H1N1 debido, entre outras cousas, ao descoñecemento sobre os seus efectos secundarios.

Máis información en Publico e La Voz de Galicia.