María Méndez acusa á Xunta de incumprir o seu compromiso e «deixar tiradas na rúa» aos sen teito

Segue o debate político aberto ao redor da apertura do albergue:

"A concelleira de Benestar Social, María Méndez, acusou este xoves á Xunta de "deixar tiradas na rúa a 300 persoas sen teito", en referenza ás declaracións expresadas onte pola conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, nas que aseguraba que non abriría o edificio da Gota de Leite como centro provisorio de emerxencia social. Asemade, a concelleira nacionalista criticou o incumprimento por parte da Xunta do convenio de colaboración entre o anterior vicepresidente, Anxo Quintana, e a anterior alcaldesa da cidade, Corina Porro, na que se recollía expresamente a posta en marcha desa infraestrutura."

Máis información na web do concello de Vigo.