Malia a crise a banca segue a obter beneficios

Podemos ler hoxe un artigo en Vieiros co título "A banca sempre gaña" no que presentan datos dos beneficios obtidos pola banca española nun ano de crise, coma sempre as crises parece que son so para os de sempre…

MALIA OS TEMPOS DE CRISE, A banca sempre gaña

Comezan a coñecerse os resultados económicos das entidades bancarias no primeiro semestre deste ano, unhas cifras que revelan beneficios sostidos.

Malia a crise, os grandes bancos obtiveron o terceiro mellor resultado da súa historia

 

Nunha conxuntura de crise, e logo da supostamente necesaria inxección económica que recibiron as entidades bancarias, calquera puidera pensar que o mundo financeiro estatal estaba a piques de caer. Nada máis lonxe da realidade. Malia a situación económica mundial, os bancos españois seguen aumentando os seus beneficios. Así o revelan as estatísticas que, con contagotas, imos coñecendo estes días.

As cinco primeiras entidades do sector financeiro, Santander, BBVA, La Caixa, Caja Madrid e Banco Popular, tiveron un beneficio neto conxunto de 9.311 millóns de euros no primeiro semestre ano ano. Esta cifra, que non acadamos a imaxinar, representa unha caída do 12,6% para estas entidades financeiras (no mesmo período de 2008 gañaran 10.660 millóns). Con todo, constitúe o terceiro mellor resultado desta elite bancaria en toda a súa historia.

A estes datos, continúan a sumarse outros beneficios astronómicos por parte doutras entidades: o Banco Pastor obtivo un beneficio neto atribuído de 82 millóns de euros no primeiro semestre do ano, uns resultados que permiten á entidade falar dunha "sólida posición de liquidez", situada por enriba dos dous mil millóns de euros. Así, un tras doutro, imos coñecendo os resultados da primeira metade deste ano, uns balances que foron acompañados dunha forte política de redución de oficinas e de cadros de persoal.

Os resultados, polo miúdo:

– Banco Santander. Segue liderando o listado dos beneficios: a entidade conseguiu un resultado neto de 4.519 millóns de euros no primeiro semestre do ano, o que significa un 4,5% menos con respecto ao mesmo período de 2008 (cando gañara 4.730 millóns).

– BBVA. Rexistrou un beneficio neto de 2.799 millóns de euros. Os resultados rexistran unha baixa do 10% con respecto ao resultado do exercicio anterior (3.108 millóns).

– La Caixa. Cun beneficio atribuído de 975 millóns, reflicte un descenso do 8% respecto aos 1.084 millóns do mesmo período do ano anterior.

– Caja Madrid. Gañou 575,6 millóns de euros, marcando a baixa máis forte dos cinco grandes bancos, un 46,9% respecto aos 1.084 millóns do ano pasado.

– Banco Popular. Obtivo un beneficio neto atribuído de 442,6 millóns de euros no primeiro semestre de 2009, o que supón un 34,7% menos que no mesmo tempo de 2008.

– Banco Pastor. Primeiros datos en coñecerse logo da gran banca, rexistrou un beneficio de 82,05 millóns de euros no primeiro semestre, un 34% menos que no mesmo período do ano anterior.

Malia que a Comisión Nacional de Valores (CNMV) aínda non deu a coñecer as estatísticas dos outros bancos do Estado Español, podemos botar un ollo aos copiosos beneficios obtidos polas entidades bancarias galegas no conxunto do 2008, últimas estatísticas publicadas.

– Banco Gallego. Obtivo en 2008 un beneficio despois de impostos de 12,6 millóns de euros, un 7,7% menos que no exercicio 2007.

– Caixa Galicia. Acadou 211,9 millóns de euros de beneficio atribuído en 2008, o que supuxo un 47,2% menos que o ano anterior.

– Caixanova. Conseguiu o ano pasado uns beneficios despois de impostos de 178,6 millóns de euros, o que representou un aumento do 0,32% respecto ao exercicio anterior.

– Banco Etcheverría obtivo en 2008 un beneficio de 4,2 millóns de euros, neste caso un 5,2% máis con respecto a 2007.

Un comentario

  1. There are certainly plenty of details like that to take into consideration. That is a great level to convey up. I supply the thoughts above as general inspiration however clearly there are questions just like the one you bring up where a very powerful thing might be working in honest good faith. I don?t know if greatest practices have emerged round issues like that, but I am positive that your job is clearly identified as a good game. Both boys and girls really feel the affect of only a second’s pleasure, for the rest of their lives.

Los comentarios están cerrados.