Encontro coa parroquia de Fontiñas

O domingo, 7 de xuño, un grupo da nosa comunidade tivemos a oportunidade de celebrar un gran encontro con persoas da Parroquia de Fontiñas en Santiago de Compostela.

A orde do día era traballar sobre o tema de "Compartir". O tema deu para moi boas reflexións, case todas elas baseadas na experiencia de vivir en comunidade. Cun clima tan cordial, a mañá pasouse voando.

A paella de Emilio foi o prato estrela, acompañada de moitos outros e dunha gran variedade de postres. Destacou tamén o ben que conxeniaron todos os rapaces.

Co paseo final ata o río, baixo un ceo que ameazaba choiva, rematamos este inesquecible día.