Como cada ano celebrouse este pasado sábado, 13 de xuño a Asemblea Parroquial, un espazo privilexado qeu temos para participar na vida Comunitaria. O día estivo dividido en dúas quendas:
Pola mañá de 10.00-13.30 onde repasamos os acordos do ano anterior, lemos unha memoria do curso e os retos para o vindeiro curso de: Acción Social, Educación na Fe, Liturxia e Celebración e Vida comunitaria. Ademais aprobamos un borrador do calendario do próximo curso. Asistiron ao redor de 55 persoas.
Na tarde de 16.00-18.30 traballamos distintas ideas e aprobamos diferentes propostas que xurdiron. Coma sempre boas ideas para levar a práctica e mellorar en todos os sentidos. A asistencia rondou as 40 persoas.
Lembrarvos a todos que vémonos para repasar estes acordos na Asemblea de Incio de curso o vindeiro 26 de setembro.
Grazas a todo o mundo pola súa presenza e participación.