Rematan as comuñóns 2009

O pasado sábado 30 de maio remataron as comuñóns na parroquia. Este ano ao redor de 75 nenos e nenas celebraron a súa primeira comuñón, divididos en catro datas e que como cada ano foron unha gran festa.

Darvos as gracias a todos pola vosa colaboración: nenos, pais, familiares, catequistas, coro… para que estas celebracións saíran tan ben. . Agora só queda mirar cara diante.

Lembrarvos que xa podedes anotar aos vosos rapaces e rapazas nos campamentos de verán que organiza a parroquia no mes de xullo. Asimesmo, dicirvos que podedes pasar a recoller as fotos das comuñóns a finais da semana que ven, que esperamos que xa estean listas. Grazas por todo.


Un comentario

  1. We are a bunch of volunteers and starting a new scheme in our community. Your web site offered us with valuable information to paintings on. You have performed a formidable task and our whole group will probably be thankful to you.

Los comentarios están cerrados.