RA!, Rede Anticapitalista Galega: as persoas ante o capital

Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense na RA! (Rede Anticapitalista) para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. Para os colectivos da RA! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.

A RA! nace nace no noso país ante a situación de crise que está a vivir o mundo enteiro, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Están integrados, polo momento, os seguintes colectivos, que animan a todos e a todas a unirse á rede: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñeiría Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais ‘O Peto’, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.

+ info: redeanticapitalista.org/blog

Un comentario

  1. I like what you guys are up too. Such clever work and reporting! Keep up the excellent works guys I¦ve incorporated you guys to my blogroll. I think it will improve the value of my website 🙂

Los comentarios están cerrados.